Dende AGESTIC (Asociación Galega de Empresas de Tecnoloxías da Información e Comunicación) presentámosche esta web que engloba tódolos proxectos que dende a asociación promovemos sobre RSE. Nela poderás atopar manuais moi útiles para implantar a RSE na túa PEME tecnolóxica. Dentro dos obxectivos de AGESTIC, está promover actuacións en relación á Responsabilidade Social nas Empresas, xa que ésta supón unha innovación e unha vantaxe competitiva baseada no compromiso coa sociedade e o medio ao establecer un novo pacto entre as empresas e a sociedade, o cal pon os alicerces para un crecemento económico sostible, incluínte, harmónico e respectuoso con valores humanos e sociais. Dende 2006 desenvolvemos proxectos de RSE dirixidos a tódalas PEMES TIC galegas e cofinanciados pola Consellería de Innovación e Industria- Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información e pola Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia, así como apoiados pola Obra Social de Caixa Galicia. Na web de AGESTIC dispós de máis información sobre proxectos e actividades relacionadas coa RSE.